Archive for Xaneiro 25th, 2010

O polbo á feira é unha preparación culinaria típica de Galiza e consistente en polbo fervido inteiro e servido con sal, aceite de oliva e pimentón. Seu nome provén de que era unha comida tradicional nas feiras e romarías, servido en pratos de madeira (mais fáceis de transportar) ainda que agora van desaparecer por motivos de hixiene.

Era un prato nun comun nuha época en que os transportes eran moi lentos o peixe fresco só estaba disponíbel perto da costa, porén o polbo seco (como o bacallau ou o congro) chegaba a todas partes.

lngredentes:

  • I polbo de 1 quilo
  • pemento picante
  • pemento doce
  • aceite
  • sal groso

Instrucións:

      1. Mellor utilizar un polbo conxelado pois así evítase ter que mazalo para que non estexa duro.

        2. Unha vez desconxelado ponse a ferver auga abundante e cando esté fervendo collese o polbo pola cabeza e mergúllase unhas can­tas veces na auga (meténdoo e sacándoo) para que non solte a pel.
        3. Deixase cocer de 40 a 50 minutos, dependendo do tamaño do polbo.
        4. Unha vez coci­do, escorrese e cortase cunhas tesoiras.
        5. Sírvese nun plato de madeira aliñado con sal groso, aceite e pemento.
        6. Dependendo do forte que o quei­ramos engádese o pemento picante, doce ou mesturado.

Fuente: Wikibooks.org

Ingredientes

  • 4 ovos
  • 3 culleradas de fariña de centeo
  • 6 culleradas de fariña de trigo
  • 1 vaso de auga
  • 1 vaso de leite
  • 1 cullerada de canela (nunha culler das do café)
  • 1 nasco de touciño (no seu defecto, manteiga de vaca)
  • mel

(máis…)

Na encrucillada oscura dos meus vèrsos de sombra
chantèi, piadosamènte, unha cruciña tosca,
no xabre dos meus pòbres pensamèntos.

E fun vertendo o òleo perfumado da i-alma
na cunquiña de barro destas ermas palabras
para alumar, de noite, o seu silèncio…

A lua campesiña veu pousar onde a cruz
-cansada do camiño- o seu feixe de luz…
E reza mui baixiño, mui baixiño…

…Na encrucillada oscura dos meus vèrsos de sombra
abre Xesús os brazos, cheios de paz, na fonda
señardade calada dos camiños…

Fonte: BVG

O primeiro anuncio do día veu cun clarear de brétema na liña do horizonte; e sobre a brétema pálida brillou Venus, con furor de astro que sabe curto o seu reinado. Axiña cantaba o galo. Despois, os porcos gruñiron arredor da poza.

Entón acordou o Carlitos, abaneou a cabeza no brandor lanudo da montura que lle servía de almofada, esfregou os ollos, incorporouse, e respirou fondo o frescor da amañecida.

(máis…)