Receita: Sopa de Castañas (1)

Ingredentes

  • 500grs. de castañas
  • 50grs. de manteiga
  • 1 cebola grande
  • 1 litro de caldo livián (Vitela, polo ou porco + verduras+ herbas aromáticas+ desengrasalo)
  • 100grs. de nata (crema de leite)

Descrición

  1. Darlle un corte as castañas e fervelas uns 10 minutos.
  2. Logo sacarlles a pel e cortar en anacos.
  3. Derreter a manteiga nunha pota e pór as castañas e a cebola cortada en dúas partes, deixar dourar durante uns minutos pero sen torrar
  4. Engadir o caldo, condimentar a gusto e deixar ferver ata que as castañas estean tenras.
  5. Sácanse os anacos de cebola e pásanse por prensa purés, (para agregalos novamente) dáselle unha fervedela e sácase do lume
  6. Cando se serve, xa sexa na sopeira ou directamente en cada prato ponse o toque de nata e fáiselle garabatos cun palillo, que a vez, que decora, dálle un sabor suave

Comensales: 4