Lun 18 Xan 2010
Empanadas (Empanadillas) de Marisco
Posted by casdeiro under Cociña galega, Empanadas
Comentarios desactivados en Empanadas (Empanadillas) de Marisco
Receita: Empanadas (Empanadillas) de Marisco
Ingredentes
- 1 lata de mexillóns
- 1 lata de ” jamón del diablo” (paté de xamón)
- 1 xema de ovo
- 3 ovos cocidos.
- obleas grandes para empanadas (empanadillas).
- Condimentos a gusto.
Descrición
- Se os mexillóns son frescos e non de lata, lavalos ben e qitarlles as barbas e as incrustacions antes de cocelos nunha pota tapada co testo e sen auga ata que se abran; segundo se váian abrindo, ilos retirando e reservar a carne.
- Nun bol mesturar ben o “jamón del diablo” e a xema dun ovo.
- Engadir os mexillóns mailos ovos duros picados.
- Colocar unha porción da preparación en cada sua oblea para empanadas (empanadilla), cubrilo con outra oblea e pechalas con repolgue
- Colocalas sobre unha placa e pintar con ovo batido.
- Cociñalas no forno quentado a 180ºC.
Tempo de cocción uns 20 minutos. - Deben ter un bonito ton dourado.
Notas
- O “jamón del diablo” é un producto americano e é una especie de paté de xamón.
- Se non se ten este xamón pódemolo sustituir por xamón curado moi picadiño ( coa trituradora) ou por xamón York (xamón cocido)
No Responses to “ Empanadas (Empanadillas) de Marisco ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.