Linme hoxe toda por dentro.
Linme
Como me está chegando
Como me apaña
Eu non sei,
non sei si me chega ou vou por ela.
Non o sei.
¿Ouh, pra que me trouxeches si hoxe me levas?
Hoxe,
hoxe, día de todos en un.
Infindá do tempo. Hoxe
Hoxe de quen todos somos na marea sin ondas,
sin velas,
sin barcos en coor vello.
Hoxe, ¿de quen?
Hoxe: dirán uns.
Hoxe: dirán outros mentras…
mentras reparan no que non hai.
En hoxe todos,
todos damos do fin o paso del.

Meu amigo, onte
Ti vas quedando,
quedas pregón que enmarca nas áas do tempo a voz
que ti mismo diches sinxela e pulida, aquela.
Ti quedas como queda o aire
entre as cousas que son
como queda a loita,
como queda a terra,
como queda a Forza
aquela en que ti vas hasta a derradeira,
derradeira,
vas calado.
Calas mentras contas as presadas que de nós van
caendo,
vas na verba,
verba que rixe,
verba enteira que é.
Vas e dis anque calas e non cingues
xeito novo.
Pro si:
de nós levas.

Fonte: BVG