Sáb 9 Xan 2010
Torta de Mondoñedo
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Torta de Mondoñedo
Receita: Torta de Mondoñedo
Ingredentes para o Biscoito
- 4 ovos
- 4 culleradas de fariña
- 4 culleradas de azucre
Ingredentes para o Almibre
- 300 g. de azucre
- 1 vaso de auga
- 200 g. de masa follada
- 200 g. de cabelo de anxo
- 200 g. de améndoas moídas grosas
- ½ vaso de almibre
- 6 figos confeitados
- 6 cereixas en almibre
Descrición
- Bater os ovos mailo azucre co batedoiro ata que duplique o seu volume e logo engadir a fariña e mesturar de vagar cunha culler.
- Untar de manteiga e enfariñar un molde, (do mesmo diámetro que o outro, desmontable, onde imos facer a torta), pór nel o batido e metelo no forno quente a 190 ºC ata que estea feito (15/20 minutos).
- Unha vez cocido desmoldéase e resérvase
- Co azucre e a auga faise un almibre a piques de febra fina onde se pon a cocer as améndoas uns cinco minutos.
- Coa pasta de masa follada cóbrese o fondo do molde redondo, desmontable.
- Ponse enriba o biscoito, remollase con 1/2 vaso de almibre, ponse logo o cabelo de anxo e para rematar as améndoas.
- Adórnase con tiriñas de masa follada formando un enrellado e métese a torta ó forno ata que estea cocida a masa follada.
- Déixase arrefriar, desmoldéase e adórnase con cereixas e con figos confeitados.
Notas
É unha torta que se conserva uns días, pero ao levar masa follada non convén metela na neveira.
Para facer o almibre a piques de febra fina, bótase a auga mailo azucre nunha pota e ponse a cocer. De cando en vez sacase un pouco de almibre e ponse entre os dedos polgar e índice. e se o separalos vemos que o almibre fai un fío fino xa está feito e se non seguir cocendo.
Comensales: 8
No Responses to “ Torta de Mondoñedo ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.