Archive for Xaneiro 8th, 2010

Ingredientes

  • Tomate frito
  • un dente de allo (opcional).

Para as filloas

  • 200 centilitros de leite
  • 5 ovos
  • 200 gramos de fariña de trigo
  • un anaco de touciño
  • un chisco de sal

Para o recheo

  • cebola
  • pemento
  • allo
  • sal
  • ourego
  • avecrem
  • carne picada de vaca e porco.

Para a bechamel

  • maicena
  • leite
  • noz moscada
  • sal

Preparación

      1. Fanse unhas filloas que non sexan doces. Para o mesmo pódese ler o procedemento das Filloas
      2. Dóuranse na tixola os ingredientes do recheo. Bótase, co aceite moi quente, primeiramente a cebola e o pemento, ó cabo dun anaco o allo, logo a carne e ó final o ourego e o avecrem
      3. Envólvese coas filloas un pouco de rustrido do paso anterior e vanse poñendo nunha fonte que se poida meter no forno
      4. Quéntanse os ingredientes da salsa bechamel ó lume (pódeselle botar un pouco de allo ben finiño. Cando ferve retírase e bótaselle ós canelóns por encima
      5. Bótase un pouco de tomate frito por encima da bechamel
      6. Métese no forno a 180º durante 35 ou 40 minutos, según o forno.

Fuente: Wikibooks.org

Boliños de vento

Ingredientes:

  • 125 g. de fariña,
  • 250 g. de auga,
  • 30 g. de manteiga de leite,
  • 40 g. de azucre,
  • 1 culler de azucre avainillado
  • 4 ovos
  • O relado de medio limón,
  • Aceite de oliva
  • Sal (un chisco)
  • Azucre moído

Descrición:

  1. Pomos nunha pota a auga, a manteiga, o azucre, o relado do limón mailo chisco de sal. Pómolo a ferver e cando ferva afastámolo do lume, botamos a fariña (coada) dunha vez, e  mesturámolo ben coa axuda dunha culler de madeira ata que a masa non se apegue as paredes. Ollo afastala de cando en vez do lume para que non se queime.
  2. Deixamos que a masa arrefríe ata que quede morna.
  3. Engadimos os ovos, un por un, mesturando ben e non engadimos outro ata que non quede mesturado o primeiro.
  4. Unha vez feita a masa, deixámola repousar unha ou dúas horas.
  5. Logo disto, pomos unha tixola con aceite abondo ó fogo suave, e imos botando a masa aos poucos, (ben cunha culler ou coa manga pasteleira). Hai que espallalos ben pola tixola pois a masa ó inflar cómprelle espazo. Dámoslles a volta para que douren por tódolos lados.
  6. Ó estaren feitos sacámolos a unha bandexa con papel absorbente para que escorran o aceite.
  7. Presentámolos nunha bandexa con azucre moído por riba. Segundo se sacan de fritir tamén se poden envolver en azucre sen moer.

Notas:

  • Con estes ingredientes saen uns 20-25 boliños
  • Pódense pór tamén recheos de crema pasteleira, nata montada, marmelada, etc. ou quentes regados con chocolate.
  • Podémolos facer ó forno, para que non leven tanta graxa e para iso, facemos montonciños sobre un taboleiro de forno engraxado ou cuberto con papel de forno, deixando espazo entre eles, metémolos no forno aquecido a 180º C ata que estean feitos. Só teñen que dourar un chisquiño. NON abrir o forno mentres se están a facer.

 

Tempo: 60 minutos

Comensais: 4-6

Receita: Torta de Cenoria

Ingredentes

  • 500grs de cenoria
  • 100grs de azucre
  • 100grs de fariña
  • 75grs de noces
  • 1vaso de aceite de oliva
  • 2 ovos
  • Unha culleriña de canela en po.

(máis…)

Receita: Prebe para Peixe a Grella

Ingredentes

  • 1 Cebolla
  • 1/2 l de leite
  • Aceite, o que escorrega da grella
  • 1 limón ou lima (zume)
  • Herba boa ou perexil (moi picado)

(máis…)

Receita: Maionesa sen Ovo

Ingredentes

  • 50 ml. de leite
  • Aceite de xirasol o que faga falla
  • un chisco de vinagre ou limón
  • Sal