Archive for Xaneiro 7th, 2010

Ingredientes

  • 12 filloas recheas (ou sen recheo)
  • 12 culleradas de augardente
  • 12 culleradiñas de azucre
  • 1 culleradiña de zume de limón

Preparación e Presentación

Colócanse as filloas nunha fonte (vaixela), se non esta recheas dobradas en dúas, botámoslles por arriba azucre e bótaselle parte de augardente. Nun caciño póñense 3 culleradiñas de azucre que serán molladas co zume dun limón, logo énchese de augardente removendo a mestura e préndeselle lume (deixando arder un pouco) e vólcase sobre as filloas que se presentarán “ardendo”.

Pode flamearse tamén en cada prato (xa que así é máis sixelo graduar a cantidade de licor). O augardente pódese substituir por outro licor (ron, coñac, whisky, etc..), pero o máis típico é que sexa augardente de cana ou de herbas.

Fuente: Wikibooks.org

Receita: Delicias de Marmelo con Queixo de Tetilla

Ingredentes

  • 1 Queixo de Tetilla
  • 1/2 Kg de marmelos
  • 4ovos
  • 100 g de fariña
  • 100 g de azucre
  • pan relado
  • aceite para fretir
  • canela

(máis…)

Se Deus, que non existe, il existira
e baixara do mundo a esta ancha terra
de doencia e de morte que me aterra
onde habita somentes a Súa ira;

se Deus, que n-é, baixase ó mundo triste,
redondo como bágoa criminal,
pedíralle eu resposta do meu mal
e dos males do mundo en que il insiste.

Como a un nazi culpable o esganaría
por seus crimes de amo vil, cobarde.
Non sei entón o que ise Deus diría.

Mais sei que se me falan de ise dono
da tortura, do lume que en nós arde,
estanme a falar soio dun mal sono.

Fonte: BVG

Receita: Licor de Mel

Ingredentes

  • 1 l. augardente
  • 1/2 l. de auga
  • 1/2 Kg. de mel
  • 1/2 limón (só a casca sen parte branca)
  • 1/2 laranxa (só a casca sen a parte branca
  • 1 pola de canela
  • 2 cravos (especia)
  • 2 follas de menta

(máis…)