Receita: Augardente de Herbas

Ingredentes

  • 1 folla de menta
  • 1 folla de loureiro
  • 1 folla de limoeiro
  • 1 folla de salvia
  • 1 folla de albaca
  • 1 folla de té (verde ou de roca)
  • 1 folla de herba luísa
  • 1 folla de tila
  • 5 follas de romeo
  • 5 flores de chorima
  • 5 flores de manzanilla
  • 5 bagas de anebro
  • 3 cravos (especia)
  • 1 pao de de canela
  • Un chisco de azafrán ou colorante
  • 7 grans de fiúncho silvestre a poder ser.
  • 1 l. de augardente
  • 1/2 l. de auga
  • 1/2 Kg. de azucre

Descrición

  1. Nun frasco con tapa pomos todas as herbas xunto co augardente e deixamolas macerar 10 días, logo deste tempo facemos un almibre fervendo a auga xunto co azucre e cando estea frío engadímolo á maceración anterior e deixámolo repousar outros 10 días. Pasado ese tempo coámolo e xa está feito.