Mar 5 Xan 2010
Roscón de Reis
Posted by casdeiro under Cociña galega, Pratos típicos das festas, Sobremesas
Comentarios desactivados en Roscón de Reis
Receita: Roscón de Reis
Ingredentes
- 700 g. de fariña
- 150 g. de azucre moído
- 130 g. de manteiga ou na súa falla margarina
- 5 ovos
- 50 g. de fermento de panadería desfeito nun vaso de leite
- 1/2 copiña de anís
- Reladura de limón
- Froitas confeitadas
Descrición
- Moer o azucre no muíño do café (Limpo. Pra limpar ben o muíño móese primeiro algo de azucre e tírase)
- Bater os ovos,a manteiga e o azucre maila reladura de limón.
- Nunha cunca fonda pór a fariña mailo fermento, engadirlle o batido anterior, a copiña de anís, a reladura de limón e amasar ben ( uns 10-15 minutos).
- Cubrilo cun pano limpo e seco e deixar ata que dobre o seu volume dentro da cunca nun sito morno.
- Cubrir a bandexa do forno con papel antiadherente de forno e por nel a masa dándolle forma de rosca.
- Vólvese deixar repousar así tapado ata que volva dobrar o seu volume.
- Quentar o forno a 175º C.
- Xusto antes de meter no forno, píntase con ovo batido e ponse enriba azucre humedecido cunhas pingas de auga, e froitas confeitadas
Comensales: 6
No Responses to “ Roscón de Reis ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.