Receita: Pan de Broa e Masa de Empanadas

Ingredentes

  • 300 g de fariña de millo
  • 150 g de fariña de trigo
  • 75 g de fariña de centeo
  • 250 cl de auga morna
  • 30 g de fermento prensado de panaderia
  • 1 culleradiña de sal
  • 12 culleres sopeiras de aceite (só cando sexa para facer
    empanadas)

Descrición do Pan de Broa

  1. Amasa ben todo pero sen o aceite. Engadelle auga ou fariña segundo sexa preciso.
  • Unha vez amasado fai a peza de pan formando unha bóla ben preta e deixaa fermentar en lugar tépedo tapada e espolvorexada con fariña ata que duplique dabondo o seu volume.
  • Logo cócea en forno quente (200ºC) ata que este ben torrada a súa cortiza e de cor do chocolate. Procura que o bolo de masa non se espalle moito mentras fermenta.

Descrición para a Empanada

  1. Amasa todo, tamén o aceite
  2. Logo estira cun rolete a masa para facela empanada
  3. Esta masa de empanada vai moi ben para mariscos (berberechos, zamburiñas…) e algúns tipos de peixe (sardiñas, parrochas…).

Notas

A fariña de millo pódela atopar amarela ou branca. Recomendámosche a branca, pois ten un sabor mais suave, pero sempre do pais, ou sexa, natural e artesá… non che recomendamos a fariña fina de fábrica que venden nas herboristerias e tendas de dietetica, esas fariñas son para outros usos e non che sairía coa textura e sabor que debe de ter.