Archive for Decembro 25th, 2009

Receita: Tronco de Nadal

Ingredientes

  • 2 yemas de huevo
  • 7 claras de huevo
  • 120 g de harina
  • 120 g de azúcar
  • 2 cucharadas de agua caliente
  • 1,5 l de leche

(máis…)

Tortilla do abade

Ingredientes:

  • 12 ovos
  • 4 patacas medianas (400g)
  • 1 cebola mediana
  • 50 g. de espinacas
  • 50 g de chourizo
  • 50 g. de queixo relado
  • 50 g. de maionesa
  • Aceite de oliva
  • Sal

 

Descrición:

  1. Pelamos e picámolas patacas en lascas delgadas e a cebola picámola non moi miúda. Salgamos.
  2. Pomos ó lume unha tixola con abundante aceite e deixamos quentar ben. Ó estar quente engadímolas patacas e fritímolas; nos primeiros minutos a fogo forte e logo baixámolo lume para que a pataca coza no aceite máis que frita. Remexemos de cando en vez para que se faga e amolezan as patacas.
  3. Escorregámoslle o aceite, botámolas patacas xa fritidas nunha cunca con 4 ovos batidos e mesturamos todo.
  4. Pomos a tixola ó lume forte cun fío de aceite e deixamos que queza ben.
  5. Engadímola mestura na tixola e de primeiras remexemos de abaixo a arriba para que segundo calla o ovo, vaia mesturándose. Logo xa asentamos a torta coa paleta de cociñar e ímoslle dando forma.
  6. Cun testo ou cun prato dámoslle a volta e facémola tortilla pola outra cara e deixámola facer, sen que quede seca por dentro, ata que colla una bonita cor dourada.
  7. Pómola no prato de presentación e esparexemos por riba o queixo relado.
  8. Picámolas espinacas e facémolas uns minutos na tixola cun pouco aceite e medio dente de allo moi picadiño.
  9. Batemos 4 ovos, salgamos, engadímolas espinacas fritidas e na tixola quente facemos unha tortilla que pomos enriba da de patacas.
  10. Botamos  por riba unha culler de maionesa e estendémola  ben.
  11. Picamos miudiño  a chourizo e facémolo un chisco na tixola.
  12. Batemos 4 ovos, salgamos, engadímolo chourizo fritido e na tixola quente facemos unha tortilla que pomos enriba da de espinacas.
  13. Adornamos con tiras de pementos asados e xa temos a tortilla feita. Deixar repousar uns 15 minutas antes de servir.

 

Notas:

  • A tortilla de patacas non ten que quedar seca por dentro e tampouco quedar crúa; non é doado facela celmosa, mais coa práctica chega un a collerlle o punto.
  • Tamén podemos pór queixo en láminas repartido por riba da tortilla.
  • Pódense variar os ingredientes das tortillas Podemos pór friame de pavo, de xamón, bonito ou atún, cogomelos, chícharos, espárragos, etc.

 

Tempo: 45 minutos

Comensais: 8 persoas