Receita: Polo Recheo

Ingredentes

  • 1 polo de non menos de 1 ½ kg. sen ósos
  • 200grs. de carne de vitela picada
  • 200grs.de carne de porco picada
  • 3 dentes de allo
  • 1 limón (zume)
  • 1 culler de perexil picado
  • 100grs. de pasas de uva de corinto (sen pebidas)
  • 100 grs. de noces ben picadas
  • 3 ovos batidos
  • ½ cunca de queixo relado
  • ½ cunca de leite
  • ½ cunca de pan rallado
  • 50 grs. de olivas verdes sen óso
  • ½ copiña de coñac
  • 100grs.de cereixas ao marrasquino
  • sal, pementa, ají moído e outros condimentos que se afaga

Descrición

  1. Colocar todolos ingredientes nun recipiente e mesturar ben ata formar unha pasta homoxénea.
  2. Metelo no polo coa axuda dunha culler.
  3. Logo coser con fío todalas aberturas.
  4. Asperxelo con zume de limón, untalo con manteiga.
  5. Metelo no forno con temperatura moderada, durante 45 minutos máis ou menos, ata que estea ben cocido.

Notas

Para conxelar, déixase arrefriar e logo envólvese en material adecuado, consérvase uns dous meses e medio.

Para descongelar, ponse na neveira unhas 12 horas antes.

Córtase en rodas, ponse nunha fonte e decórase ó gusto

Comensales: 8