Receita: Mexillóns en Vinagreta

Ingredentes

  • 2 Kg. de mexillóns
  • ½ vaso de viño branco
  • 2 follas de loureiro
  • 1 cebola
  • 1 pemento verde
  • 1/4 pemento vermello
  • 1 vaso de aceite
  • 1/3 vaso de vinagre
  • 4 cogombros en vinagre
  • Sal

Descrición

  1. Limpamos ben os mexillóns, sacándolle as barbas e a lapas que traen apegadas nas cunchas.
  2. Botamos nunha pota o viño branco, o loureiro, os mexillóns limpos e cocémolos ata que abran.
  3. Ó abriren, sácaselles unha das cunchas e resérvase a cuncha na que queda ca carne.
  4. Nunha cunca fonda imos botando a cebola, o pemento verde e vermello mailos cogombros, todo moi picadiño.
  5. Botámolo aceite, o vinagre mailo sal e a vinagreta xa está feita. Deixámola repousar unha media hora.
  6. Presentámolos mexillóns na súa cuncha e por enriba botámoslle a vinagreta.

Notas

Garda a auga que soltaron os mexillóns ó coceren váleche, como caldo, pra engadir a calquera outro prato de peixe.

Comensales: 6