Receita: Lumbrigante con Arroz

Ingredentes

  • 1 lumbrigante
  • 6 camaróns
  • 1 vaso de arroz
  • 1 litro de caldo de peixe

Ingredentes para o Caldo de Peixe

  • 1 cabeza de pescada
  • ½ cebola
  • 1 porro
  • 1 cenoria
  • 1 póla de perexil
  • 1 sobre de azafrán ou colorante alimentario

Ingredentes para o Fritido

  • 2 tomates maduro sen pel nin pebidas
  • ½ cebola
  • 1 copiña de whisky
  • 1 copiña de brandy
  • 1 dente de allo
  • Aceite de oliva

Descrición

  1. De primeiras partímolo lumbrigante en vivo, tras adormecelo uns minutos no conxelador. Partímolo pola metade ao longo, sácaselle un “fío”(intestino) negro que ten na cola, e logo pártense en anacos ó través as dúas metades. Escachamos as pinzas para rompelas e solten o seu zume. Metémolo todo nunha cunca para non perdelo o mollo que solta e engadilo logo ó caldo.
  2. Coas patas pequenas do lumbrigante, a cabezas e as cascas dos camaróns, a cabeza de pescada e media cebola, un porro, unha cenoria, o perexil e un pouco de sal facémolo caldo de peixe. Coamos, engadímolo colorante e reservamos.
  3. Nunha tixola con aceite amolecemos media cebola, o allo en láminas e deixamos facer un pouco. Engadímolo lumbrigante mailos camaróns pelados e salteámolos un pouco ata que colla cor.
    Sacamos o lumbrigante mailos camaróns e reservamos.
  4. Logo disto engadímolo tomate pelado sen pebidas e relado e deixámolo cocer uns 8 minutos. Engadímolo o whisky mailo brandy e prendémoslle lume.
  5. Pasamos o fritido da tixola á unha pota de barro ampla ou unha “paellera” e botamos 3 vasos de caldo de peixe por cada vaso de arroz (3 por 1) e pómolo a ferver.
  6. Cando estea a ferver engadímolo o vaso de arroz e estendémolo ben.
  7. Cando volva a ferver de novo colocámolo lumbrigante mailo camaróns e metémola pota ó forno quente a 180ºC polo decurso de 18 minutos. Se vemos que se seca moito engadimos un pouco máis de caldo quente.

Comensales 2