Receita: O Caldeiro

Ingredentes

  • 1 orella de porco salgada
  • 1 pata de porco salgada
  • 1 fociño de porco salgado
  • 250 g de touciño magro curado
  • 1 lacón pequeno
  • 4 chourizos
  • 100 g de touciño branco curado
  • 4 dentes de allo
  • 2 porros
  • 1 cebola
  • 500 g de garavanzos ou patacas (1,5 Kg)
  • especias (pemento doce, pemento picante ou caiena, comino e especias para callos)
  • aceite
  • limón
  • sal

Descrición

  1. No antedía límpanse as pezas de porco, raspándoas, enxaugándoas ben e deixándoas a remollo en abundante auga fría .
  2. Se empregamos garavanzos (tamén se deixan a remollo en auga fría a noite antes)
  3. Cócense os garavanzos aparte póndoos ao lume en auga fría coa cebola, o allo e o touciño magro e branco, o porro e sal. Se empregamos patacas cócense igualmente aparte, escachadas miúdas non cortadas, deixándoas non demasiado tenras.
  4. Antes pór a cocer as pezas de porco , lávanse de novo, póndoas a cocer nunha pota alta en abundante auga sen sal. Ó ferver, e cando cozan uns momentos, sácaselles esta primeira auga e vólveselles a engadir a mesma cantidade de auga fría Déixanse cocer a lume mediano
  5. Cando cozan un bo intre engádenselles os chourizos enteiros , deixándoo cocer a lume mediano ata que todo estea cocido. Resérvase.
  6. Esmáganse os allos, a cebola, a parte branca do porro e o anaco de touciño branco, engadíndolle un xeneroso chorro de aceite cru, unha boa cullerada de pemento doce, pemento picante ou Caiena ao gusto.
  7. Engadimos esta pasta á pota. co caldo dos garavanzos, xunto co lacón e o touciño magro en tacos, e a orella, os morros e a pata tamén cortados .
  8. Reméxese ben e déixase cocer uns intres máis para ligar sabores,
  9. Probamos e rectificamos de sal se fixese falla.Ó final engádense os garavanzos ou patacas xa cocidos e o chourizo en rodas, deixándoo cocer uns momentos mais para que colla sabor.

Notas

Este guiso debe de quedar cunha abundante salsa como un caldo, lixeiro pero con algo de corpo. Por iso, se a salsa queda demasiado augada, poden esmagarse uns garavanzos ou patacas e engadírllelos para que espese.

Comensales: 8