Receita: Mexillóns ó Natural

Ingredentes

  • 2 Kg. de mexillóns
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 limón (o zume)
  • 2 follas de loureiro

Descrición

  1. Limpamos ben os mexillóns, sacándolle as barbas e a lapas que traen apegadas nas cunchas.
  2. Botamos nunha pota o viño branco, o zume de limón, o loureiro mailos mexillóns limpos e cocémolos ata que abran.
  3. Ó abriren, sácanse do lume e xa se poden comer. Están moi gorentosos

Comensales: 6