Receita: Xurelos con Salsa de Tomate

Ingredentes

  • 20 xureliños
  • 4 tomates
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 1 dente de allo
  • 1 folla de loureiro
  • ½ vaso de viño branco
  • Azucre
  • Sal
  • Aceite

Descrición

  1. Limpámolos xurelos sacándolles a cabeza mailas tripas, lávanse, déixanse escorregar un pouco e sálganse.
  2. Nunha pota baixa pomos a amolecer con aceite a cebola mailo pemento cortados en xuliana e os allos picados.
  3. Cando case estean feitos, engadímolos tomates pelados sen pebidas e triturados, a folla de loureiro, un pouco de azucre para sacalo acedo do tomate e o sal.
  4. Deixámolo cocer todo xunto de 10 a 15 minutos. Engádese o viño brando, deixando que reduza un pouco.
  5. Frítense os xureliños que se poñen dentro da salsa e dáselle a todo unha fervedela.
  6. Deixar repousar un pouco antes de servir á mesa.

Notas

Se non se dispón de xurelos pequenos tamén podemos empregar xurelo grande, facéndoos en lombos e fritíndoos cun pouco de fariña e ovo. Logo, por suposto, póñense na salsa

Comensales: 4