Archive for Novembro 30th, 2009

Ingredientes

Para as Filloas:

  • 200 Grs de fariña
  • 4 ovos
  • 1 cullerada de aceite (ou pingo)
  • 1 vasiño de leite
  • auga de cocer o marisco
  • sal
  • pementa
  • aceite (para untar a tixola)

Para o recheo:

  • medio quilo de mexillóns
  • medio quilo de berberechos
  • 12 langostinos
  • 1 cebola (moi picada)
  • 50 Grs de manteiga
  • 3 culleradas de viño branco
  • 1 ovo cocido (picado)
  • 2 culleradas de pan relado

Para a bexamel(Crema):

  • 2 culleradas de manteiga
  • 2 culleradas de fariña
  • 6 culleradas de auga de cocer o marisco
  • medio vaso de leite
  • pementa
  • 50 Grs de queixo relado

Preparación e Presentación

De entrada aclararemos que, aínda que a receita expón 3 tipos de marisco, xeralmente admite calquer tipo de marisco (o que se queira e máis guste).

Fanse as filloas con fariña, os ovos, a manteiga, sal e pementa todo mesturado (segue o mesmo proceso de fabricación que as demais receitas), á que se agregará (mesturando) o leite e a auga da cocción do marisco ata onde o admita; facer unhas 12 filloas duns 15 cms de diámetro e gardalas.

No recheo, despois de cocer o marisco por separado (ao que se lle bota unha ou doas follas de laurel), quitánselle as cunchas aos mexillóns e aos berberechos; os langostinos límpanse ben deixando soamente a carne. Dóurase a cebola coa manteiga (previamente derretida) e arrexúntaselle o marisco e o viño; déixase cocer uns minutos e logo engádeselle o ovo cocido (previamente picado) e mailo pan relado. Se se ve que queda moi espeso, poóese engadir un pouco do caldo da cocción do marisco; coa mestura recheamos a filloas e préganse coma un sobre.

Para a bexamel ponse a fariña a tostar coa manteiga engadiídoselle leite e o caldo de marisco a modiño namentres se remove todo ata formar unha mestura lixeira. Sazoar con pementa e botala sobre as filloas recheas que, previamente estarán colocadas nunha vaixela para o forno. Botamos o queixo relado e metemos no forno a temperatura forte.

Fuente: Wikibooks.org

Receita: Filloas de Leche

Ingredientes para as Filloas

  • 1/4 litro de leche
  • 1/4 litro de agua
  • 4 huevos
  • 1 cucharadita de canela
  • 150 gr. de harina
  • 1 copita de ron
  • Azúcar glasé
  • Aceite y Sal

(máis…)

Receita: Bacallau con Cachelos á Galega

Ingredentes

  • 4 talladas boas de bacallau desalgado
  • 6 patacas
  • ½ Kg de xudías verdes
  • ½ vaso de aceite de oliva
  • 4 dentes de allo
  • 2 pólas de perexil
  • 1 culler rasa de pemento doce ou picante
  • Sal

(máis…)