Receita: Filloas con Crema de Queixo

Ingredentes pras Filloas

  • 100 g. de fariña
  • 250 g. de leite
  • 2 ovos
  • 50 g. de manteiga
  • 1/2 copa de augardente
  • 1 limón (reladura)
  • 1 laranxa (reladura)

Ingredentes pra Crema de Queixos

  • 100 g. de queixo crema
  • 100 g. de queixo tetilla
  • 125 g. de nata líquida
  • 1 ovo
  • 1 folla de xelatina
  • Touciño pra untar a tixola
  • Azucre

Descrición

  1. Mesturamos os ingredientes das filloas coa batedoira e deixamos repousar un tempo antes de usala (unhas 2 horas).
  2. Pra facermos as filloas, pomos unha tixola ao lume, cando estea quente, untámola con touciño e engadimos o líquido que estendemos ben polo fondo.
  3. Cando despegue a masa dáselle a volta e déixase que se faga polo outro lado. Sácanse e déixanse arrefriar.
  4. Pra facermos a crema de queixo, desfacemos a xelatina, que puxemos en remollo, nun pouco de nata quente e mesturamos todos os ingredientes coa batedoira.Deixamos arrefriar para que calle.
  5. Encher as filloas coa crema de queixo e enrolalas.
  6. Espolvorexar as filloas con azucre
    e queimalas cun soprete de cociña ou cunha pa de ferro.

  7. Pra emplatarmos pomos en cada seu prato 1 ou 2 filloas cortadas e adornamos cun pouco de nata montada.

Notas

Pra facermos as filloas delgadiñas, o mellor é botar masa abondo pra cubrir a tixola e ó pouco intre envórcase esta pra que caia o exceso de masa.

Esta receita de filloas é pra encher con crema de queixo, pero tamén podemos facer filloas cheas de crema pasteleira, nata montada, chantilly, froitas variadas, etc.

Comensales: 6