Receita: Ósos de San Froilán

Ingredentes

  • 500 g. de fariña
  • 1 vaso de aceite
  • 3 ovos
  • 75 g. de azucre
  • 1 copa de augardente
  • 20 g. de fermento (Royal)
  • Rascadura de casca de limón
  • Azucre glass

Descrición

  1. Bátense os ovos co azucre, o aceite, o augardente, e maila
    a rascadura de limón.

  2. Nunha cunca grande bótase a fariña mesturada co fermento, faise oco no medio, nese oco bótanse os ovos, e amasase coas mans ata ter unha masa que se deixa repousar uns 25 minutos.
  3. De seguido cóllense uns anaquiños de masa, coma ovos de paspallás, que se estiran para facer uns rolos ós que se lle fan uns cortes pouco fondos pero que se marquen ben ó fritirmos.
  4. Frítense en aceite non moi quente ata que queden dourados.
  5. Ó sacalos de fritir, póñense en papel absorbente e logo espolvorexamolos con azucre glass,