Receita: Mexillóns en Escabeche

Ingredentes

  • 2 Kg. de mexillóns
  • ½ vaso de viño branco

Ingredentes pro Escabeche

  • 1/2 cebola
  • 2 dentes de allo
  • 1 folla de loureiro
  • 1 póla de perexil
  • 500 ml de aceite
  • 150 ml de vinagre
  • 1 culleradiña de pemento

Descrición

  1. Lavamos e sacámoslle as barbas ós mexillóns. Non fai falla sacarlle as lapas que traen apegadas nas cunchas pois só vamos a empregar a carne dos mexillóns.
  2. Pomos unha pota ó lume, botamos o viño branco mailos mexillóns e abrímolos. Tirámoslle as cunchas e reservámola carne.
  3. Facemos o escabeche. Pra iso pomos ó lume unha tixola co aceite e botámola cebola, o allo e amolecémolos un chisco cando estea mol engadimos o loureiro mailo perexil, e deixamos cocer un pouco, logo engádese o pemento mailo vinagre.
  4. Retiramos o escabeche do lume e coamos.
  5. Metemos nel (aínda quente) os mexillóns e deixamos repousar polo menos 1 día antes de servilos

Comensales: 8