Receita: Torta Costrada

Ingredentes

  • 500 g. de améndoas peladas e moídas
  • 200 g. de améndoas peladas e abertas á metade
  • 600 g. de azucre
  • 10 claras de ovo
  • canela en po

Descrición

  1. Mesturar as améndoas moídas cos 500 g. de azucre e engadirlle ós poucos 8 claras de ovo batidas piques de neve.
  2. Mesturar moi ben
  3. Por outra banda mesturar tamén as améndoas abertas á metade con 100 g. de azucre e 2 claras de ovo a piques de neve.
  4. Nun molde antiadherente ponse primeiro a masa de améndoas moídas e cóbrese coa das améndoas laminadas
  5. Espolvoréxase de azucre e cócese a forno, quente, a 190ºC e media altura ata que estean douradas.
  6. Desmoldear e presentar coas améndoas laminadas cara arriba.

Notas

Esta torta é coma os amendoados de Allariz o que cambia é que moito máis grande e leva por enriba améndoas enteiras.

Comensales: 8