Receita: Patacas con pingas de ouro

Ingredientes

  • 1 Kg de patacas
  • 1/2 Kg de pingas de ouro Lactarius deliciosus
  • 2 pementos chouriceiros
  • 1 cebola
  • 3 dentes de allo
  • 1 culleriña de pemento picante
  • Aceite y sal

Instructions

  1. Nun cazo, cocémo-los pementos chouriceiros e sacámoslles o miolo.
  2. Picamos miudiña a cebola mailos dentes de allo.
  3. Limpamos e cortamos en anacos grandes os pingas de ouro.
  4. Pelámo-las patacas e cortámolas en anacos.
  5. Nunha pota con aceite abondo, engadímo-la cebola, refogámola e uns minutos máis tarde engadímo-los pingas de ouro.
  6. Deixamos que se fagan un intre, e engadímo-las patacas e refogámolas un pouco máis.
  7. Botámo-lo pemento picante, mailo miolo dos pementos chouriceiros e cubrímolo todo con auga.
  8. Deixamos coce-las patacas (30 minutos aprox.) ata que espesen un pouco. Comprobámo-lo punto de sal.
  9. Repousámo-lo un pouco antes de servir quente

Notas

O lactarius deliciosus (nome científico) tamén chamados en galego pinga de ouro ou vinador, é un cogomelo de cor vermella que sae nos piñeiros e ó cortalo píngalle un leite de cor dourada- vermella;  son moi gorentosos e recendentes

Duración:30 minutos

Comensales: 4-6 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.