Receita: Garavanzos con Bacallau

Ingredients

  • ½ Kg de  bacallau
  • ½ Kg de garavanzos
  • ½ Kg de espinacas
  • 3 ovos
  • 2 cebolas medianas
  • 4 dentes de allo
  • Fariña
  • 1 culler rasa de pemento doce
  • Aceite
  • sal

Instructions

  1. O bacallau pómolo a remollo en auga fría 36 horas antes, cambiándolle a auga cada 12 horas (3 augas)
  2. Os garavanzos tamén os remollamos a noite antes en auga fría. (12 horas)
  3. Pómo-los garavanzos a cocer nunha pota con auga fría a fogo suave (xusto cubrir, se cómpre, botarlle só auga quente). Teñen que cocer por 2 a 3 horas segundo sexan augas brandas ou duras.
  4. Cortamos o bacallau en talladas pequenas (7 x 4 cm. x grosor que teñan) enfariñámolas e fritímolas ben por ámbolos dous lados nunha tixola con aceite abondo. Reservamos.
  5. Picámo-las cebolas e 3 dentes de allo moi miudiños, e botámolo todo no mesmo aceite (coado) de fritilo bacallau, e deixamos que se faga a fogo baixo ata que amoleza e tome unha pouca cor.
  6. Seguido desto afastamos a tixola do lume, deixámola arrefriar un pouco, engadímoslle o pemento doce e despois de remexelo engadímolo todo ós garavanzos que estarán xa cocendo.
  7. Pomos a cocer os ovos (8 minutos)
  8. Lavámo-las espinacas, sacámoslles o rabiño, as follas grandes esnacámolas coa man, e salteámolas con aceite e un dente de allo picado miúdo.
  9. Cando falte uns 15 minutos para acabar de coce-los garavanzos, pomos por riba as talladas de bacallau e as espinacas e movémo-la (non remexemos) pota para que se mesture un pouco.
  10. Ó rematar de cocer probamolo de sal e se cómpre botamoslle máis. Colocámos por riba os ovos cocidos e cortados en cuartos
  11. Deixamos repousar todo por unha ou dúas horas antes de volvelo a quentar amodiño antes de servir.

Notas

Ollo co sal! Se o bacallau non quedou ben desalgado e botámosllo ó primeiro pode que nos quede salgado así que esperar ó rematarmos de cocelo todo para axustalo de sal

Podemos empregar unha pota de barro para cocelos e presentalos, así queda máis rústico e máis enxebre

Os tempos de cocción dos garavanzos son tempos reais pero, dependendo de que clase de garavanzos sexan, estes tempos poden variar, así que aconsello que sigades os tempos marcados, normalmente, nos paquetes.

Tiempo: 5 horas

Comensales: 6-8 persoas

Receita: Galega

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.