Receita: Pés azuis con queixo Cabrales

Ingredientes

  • 1 Kg de Pé azul (Lepista   Nuda ou Lepista Personata)
  • 1/2 litro de nata
  • 100 gr. de queixo de Cabrales
  • 1 leituga
  • 6 dentes de allo
  • 6 polas de perexil
  • Pementa negra, aceite y sal

Instructions

  1. Picámolos cogomelos miúdos coa man y guisámolos ata que perdan a súa auga.
  2. Ós 5 minutos de empezalos a facer engadimos o allo e o perexil picados miudiños.
  3. Engadímoslles ós cogomelos a metade da nata e deixámolos cocer uns minutos.
  4. Botámolo  queixo (60 gr.) maila pementa. A lume baixo reducímolo ata formar unha crema espesa. Deixámolo arrefriar.
  5. Nun pota con auga fervente e escaldámolas follas de leituga. Estendémolas nun pano para que sequen e botamos enriba a crema dos cogomelos. Envolvémolas e rebozámolas con fariña e ovo.
  6. Fritimos en abondoso aceite.
  7. Desfacemos o quixo sobrante no resto da nata e engadímoslle pementa negra para facer a salsa
  8. Pomos no prato os rebozados de cogomelos colocándoos de xeito que faga bonito e botamos un pouco polas puntas a salsa que acabamos de facer.

Notas

Pódese empregar calquera tipo de queixo azul

Duración: 15 minutos

Comensales: 8

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.