Receita: Albondegas (2)

Ingredentes

  • ¾ Kg de carne de vitela
  • ¼ Kg de carne de porco
  • 2 ovos
  • 2 cebola
  • 1 pemento verde
  • 3 tomates
  • 1 dente de allo
  • Pan
  • Leite
  • Fécula de millo “Maizena”
  • 2 culleradas de fariña
  • Sal e pemento ó gusto

Descrición

  1. Mesturar a carne co ovo batido e allo cortado moi miúdo, engadirlle miola de pan mollado con leite e unha cullerada de fécula de millo.
  2. Facelas bolas do tamaño e gusto de cada un.
  3. Envolvelas en fariña, ovo e pan relado.
  4. Fritilas en aceite abondo e sacalas a unha pota.
  5. Neste aceite ponse a cebola e o pementos, e despois de que se fagan un pouco engádense os tomates pelados mailo allo picados, deixase facer esta salsa un intre, e ó último bótaselle algo de azucre pra sacar a acidez e axustase de sal.
  6. Esta salsa podemola deixar así ou pasala por un pasapurés. En todo caso bótase por enriba das albóndegas e deixase cocer con elas uns 5 minutos, engadíndolle algo de caldo se é que a salsa espesa moito.
  7. Por último engádeselle un pouco de pemento pra darlle cor e sabor

Comensales: 8