Ven 13 Nov 2009
Perdices Escabechadas
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Perdices Escabechadas
Receita: Perdices Escabechadas
Ingredentes
- 6 perdices.
- 1 vaso de aceite
- 100 cl de viño branco.
- 100 cl de vinagre
- 8 dentes de allo.
- 4 follas de loureiro.
- pementa negra en gran.
- 1l. de caldo de porro, cebola e cenoria
- 3 cebolas
- tomiño
Descrición
- Sazónanse as perdices con sal e pementa moída.
- Frítense en aceite a lume lento.
- Colócanse as perdices nunha pota
- Ó aceite que quedou despois de fritilas, engádenselle os allos, a cebola cortada en 4 anacos, o loureiro, a pementa, mailo tomiño.
- Dóurase todo e envórcase enriba das perdices.
- Engádense o vinagre, o viño e o caldo.
- Cócense ben.
- Deixanse repousar uns 2 dias na neveira.
- Servense quentes.
Notas
Resérvanse nun lugar fresco 2 días e sérvense individuais.
Comensales: 6
No Responses to “ Perdices Escabechadas ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.