Xov 12 Nov 2009
Torta de Améndoas
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Torta de Améndoas
Receita: Torta de Améndoas
Ingredentes
- 250 g. de améndoas moídas
- 200 g. de azucre branco
- 6 ovos
- 1 limón ( as raspaduras)
- 1/2 copa de licor de laranxa
- 1 culleradiña de fermento en po (Royal).
- Azucre glas
Descrición
- Bátense ben o azucre as xemas e o de licor de laranxa.
- Engádese as améndoas moídas, as raspaduras do limón e a culleradiña de Royal.
- Bátense as claras a piques de neve e engádense á mestura anterior.
- Nun molde untado de manteiga e enfariñado botamos a masa e metemolo ó forno, quente, a uns 175ºC durante uns 25 minutos.
- Unha vez fría espolvoreamos con azucre glas.
Comensales: 6
No Responses to “ Torta de Améndoas ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.