Xov 12 Nov 2009
Mexillóns con Tomate (Tigres)
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Mexillóns con Tomate (Tigres)
Receita: Mexillóns con Tomate (Tigres)
Ingredentes
- 2 kg. mexillóns grandes
- 2 follas de loureiro
- 1/2 vaso de viño branco
- 1 cebola grande
- 1/2 pemento verde
- 1/4 pemento vermello
- tomate fritido
- chiles
- Aceite y sal
Descrición
- Limpamos ben os mexillóns, sacándolle as barbas e a lapas que traen apegadas nas cunchas.
- Botamos nunha pota o viño branco, o loureiro, os mexillóns limpos e cocémolos ata que abran.
- Ó abriren, sácaselles unha das cunchas e resérvase a cuncha na que queda ca carne.
- Nunha tixola con aceite imos botando a cebola, mailos pementos verde e vermello, todo moi picadiño.
- Deixámolo amolecer ben, logo engadimos o tomate fritido e o chile (os chiles a botar depende de como vos guste de picante)
- Estendemos nunha bandexa os mexillóns coa cuncha e botámoslles esta salsa quente por enriba.
- Cómense quentes.
Notas
Garda a auga que soltaron os mexillóns ó coceren váleche, como caldo, pra engadir a calquera outro prato de peixe.
Comensales: 6
No Responses to “ Mexillóns con Tomate (Tigres) ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.