Mér 11 Nov 2009
Torta de Améndoas e Flan
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Torta de Améndoas e Flan
Receita: Torta de Améndoas e Flan
Ingredentes
- 6 ovos,
- 250 g. de améndoas moídas,
- 500 g. de azucre,
- 750 g. de leite
- 1 limón (a raspadura)
- 21 galletas maría trituradas.
Descrición
- Bátense os ovos cun batedoiro, engádense as galletas, as améndoas, o azucre, o leite e a raspadura do limón e bátese todo xunto de novo.
- Nun molde, con 4 culleradas de azucre, faise un caramelo
- Engádese o batido anterior e introdúcese ó baño maría, durante unha hora aproximadamente, no forno a uns175ºC.
- Déixase arrefriar e desmoldéase.
- Ao darlle a volta queda unha capa de biscoito amendoado cuberta con flan e caramelo
Comensales: 10
No Responses to “ Torta de Améndoas e Flan ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.