Archive for Novembro 10th, 2009

Ingredientes

Para a pasta:

  • 3 ovos
  • 1 vaso de leite
  • 1 vaso de auga
  • 1 culleradiña de canela en po
  • 1 cullerada de reladura de limón
  • fariña
  • sal
  • touciño

Para o recheo (Crema):

  • 3 ovos
  • 3 xemas (de ovo)
  • 200 Grs de zucre
  • 1 limón (só a cáscara)
  • 2 culleradas de maicena
  • medio litro de leite
  • zucre
  • canela

Preparación e Presentación

Nunha ola bótanse os ovos e bátense, segundo se vaia batendo agregaremos os demais ingredientes (os correspondentes para a pasta), ata lograr unha mestura clariña que pasaremos polo “chino” para deixala ben fina. Nunha tixola quente (untada en touciño) botaremos a pasta a maneira de que cubra ben o fondo (só a xusta para que queden finas, como xa expresamos noutras receitas). Cando xa estea medio dourada, cóllese cos dedos pola beira e dáselle a volta. Por cada filloa teremos que engraxar de novo a tixola.

Para facer a crema bateremos os 3 ovos enteiros e as 3 xemas, segundo vaiamos no proceso agregaremoslle o azucre e a maicena. Seguimos batendo e agregaremos a casca de limón e o medio litro de leite (xa previamente fervido). A mestura tense que pasar por un coador a unha carerola poñéndoa ao lume, a cal se debe remover constantemente ata que ferva. Cando comece a espesar retiramos a cacerola do lume e deixamos que arrefríe.

Esténdese a filloa e aplícase a crema por enriba, a continuación enrólase (ou se se prefire, prégase a metade e logo en dúas partes). Pódense comer así ou fritas en aceite; con azucre e canela en po. Tamén hai quen prefire facer cambios na receita orixinal a modo de que o resultado sexa un recheo de nata montada ou crema de balocas.

Fuente: Wikibooks.org

Receita: Albondegas (1)

Ingredentes

  • ¾ Kg de carne de vitela
  • ¼ Kg de carne de porco
  • 2 ovos
  • 2 culleradas de fariña
  • Sal e pementa ó gusto

(máis…)

Letría

 

Ingredientes:

  • 1 litro de leite
  • 1 limón (a peladura)
  • 150 g. de fideo fino
  • 150 g. de azucre
  • 1 pau de canela
  • Canela moída

 

Descrición:

  1. Cocémo-lo leite co azucre, o pau de canela maila peladura de limón.
  2. Cando ferva sacámo-la canela e a casca de limón e engadímolos fideos e deixamos cocer uns 15 minutos.
  3. Botámolo nunha bandexa rectangular e deixámolo arrefriar para que solidifique.
  4. Coa canela moída debuxamos unhas liñas paralelas cada 3 ou 4 cm. e logo outras ó través tamén de 3 ou 4 cm. pero que non sexan perpendiculares para formar deste xeito unha cuadrícula algo romboide.
  5. Sérvese fría cortada en anacos de uns 6 x 8 cm.

 

 

Notas:

  1. Isto é o que di o dicionario Estraviz. Letría ou Aletría.- Massa de farinha crua, em forma de fios enroscados, própria para sopa [ár. al-ithria]
  2. A letría e unha receita orixinaria do Porto e supoño que polo nome de orixe árabe pois é parecida a unha sobremesa que fan no norte de África engadíndolle améndoas picadas
  3. Eu son dun pobo Ourensán preto da raia e a miña mai adoitaba facer este doce; ela chamábao fideos doces ou sopa doce. Supoño que o aprendería da miña avoa Sara; no meu pobo é costume facelos para as festas.
  4. Como vedes trátase de unha receita parecida ó arroz con leite pero trocando o arroz por fideos

Receita: Ameixas Mariñeiras

Ingredentes

  • 1 Kg de ameixas
  • 1 cebola branca grande
  • 2 dentes de allo
  • 3 póla de perexil
  • 1 folla de loureiro
  • 1 culler de fariña
  • 1 vaso de viño branco
  • Pemento doce
  • Pementa branca
  • Aceite de oliva
  • Sal

(máis…)

Receita: Chícharos con Ameixas

Ingredentes

  • 500 g. de chícharos
  • 300 g de ameixas
  • ½ cebola
  • 4 patacas medianas
  • Caldo de peixe
  • Aceite e sal

(máis…)

Receita: Chocos na súa Tinta ó Xeito de Redondela

Ingredentes

  • 1 kg de chocos pequenos
  • 2 cebolas
  • 2 dentes de allo
  • ½ vaso de aceite
  • Pemento doce e picante
  • 1 culler de maizena ou fariña
  • ½ vaso de viño branco
  • Tinta dos chocos ou 3 bolsiñas de tinta de cefalópodo

(máis…)

Receita: A Queimada máis o Esconxuro (2)

Ingredentes

  • 1 litro de Augardente
  • 150 gr de azucre
  • Cascas de limón ou laranxa
  • uns grans de café torrefacto

Descrición

  1. Nun recipiente de barro cocido (pote da queimada) vértese a augardente e o azucre
  2. Engádense as cascas de limón ou laranxa e o café.
  3. Remóvese e plántaselle lume cun cazo tambien de barro no que primeiro colocaremos un pouco de augardente.
  4. Moi amodiño, achégase ó pote ata que o lume pase do cazo ó augardente. Remóvese ata que o azucre se consúma.
  5. Esperamos a que as chamas teñan unha cor azulada ou pareza que quere apagarse, para porlle o testo e apagala; o mellor e sacar unha pouca e probala.Ter en conta que ó estar quente aparenta máis forte.

Notas

  1. Facedea un día con lúa nova ou chea, mellor chea. Cando recitedes o conxuro e acendades a queimada as luces han de estar apagadas, iso daralle máis meigallo a algo que xa o ten de por sí.
  2. A augardente sácase do bagazo da uva coa axuda do pote do augardenteiro, composto polo pote, o caparacete, a babilla e o depósito onde está o serpentín coa auga para arrefriar o destilado.
  3. Cando se está a destilar, a augardente ten que ir saíndo cun fío continuo e delgado e non a cachón. A destilación parase cando a augardente xa non “reza” ou “reza” pouco. Chámanlle rezar as burbullas que fai o fío de augardente a caer nun vaso ó saír do serpentín.

Esconxuro

Lume, lumiña,
que verde camiña da fraga á lareira.
Lume que quentura
pra nosa fartura.
Lume benzoada
que roda a queimada.
Pingota de orballo,
folla de carballo.
Auga de agoiro,
mel de fervedoiro.
Cerqueiro de lume,
sen trasno nin fume,
nin bruxa chuchona,
nin meiga dentona.
Rular muiñeiro,
chiscar faisqueiro.
Moxena lumiosa,
vagalume rosa.
Viradeira de luz,
farémola cruz:
Polo ar da sorte
que escorrenta a morte.
Pola auga da vida
que sanda a ferida;
Pola herba do mouro
que busca o tesouro;
Pola pedra do raio
que mata o meigallo.
Lume, lume, lume,
lume, alumeada
para aloumiñar
a queima queimada,
na vira, virada,
do burburellar.
Polo San Silvestre,
o pao de cipreste;
Chaga de San Roque,
can e palitroque.
Polo San Andrés
e polo San Iago,
nun reviravés,
queimada te fago
e queimada es.

Comensales: 6