Receita: Torta de Améndoas e Mazás

Ingredentes

  • 100 g. de améndoa
  • Crema pasteleira
  • Pasta crebada
  • 250 g. de améndoa moída
  • 100 g. de azucre
  • 1/2 copa de licor de laranxa
  • 4 ovos
  • 100 g. de marmelada de mazá

Ingredentes para a Pasta Crebada

  • 100 g.de manteiga
  • 100 g. de azucre moído
  • 1 ovo
  • 150 g de fariña

Ingredentes para a Crema Pasteleira

  • 100 ml de leite
  • 1 cullerada de azucre
  • 1 xema de ovo
  • 2 culleradas de “Maizena”
  • 1 chisco de canela
  • un pouco de casca de limón

Descrición para a Pasta Crebada

  1. Derrete a manteiga e trabállaa e ata que estea a piques de pomada.
  2. Engade o azucre e mestura ata conseguir unha masa uniforme.
  3. Despois engade o ovo e mestúrao novamente.
  4. Para rematar bota a fariña e mestura.
  5. Amasa dando forma de rolo alongado e envólveo nunha folla de plástico.
  6. Deixa repousar no frigorífico durante 24 horas antes de usala.

Descrición para a Crema Pasteleira

  1. Pór nunha pota o leite, o azucre, a canela e a casca de limón e quentalo a lume lento ata que ferva.
  2. A parte, desfacémola “maizena” nun pouquiño de leite frío ou auga e mesturámola coa xema dos ovo.
  3. Agregamos esta mestura no leite quente e removemos ata que espese

Descrición para facela Torta

  1. Mesturar ben as xemas de ovo e as améndoas moídas.
  2. Engadir as claras a piques de neve e mesturar.
  3. Untar o molde con manteiga e forralo coa pasta crebada estirada
  4. Botar enriba a metade da pasta de améndoas moídas.
  5. Cubrir esta capa coa crema pasteleira (Facela no momento de usala).
  6. Botar a marmelada mesturada co licor e tapala co resto da pasta de améndoas.
  7. Meter ao forno, quente, a 200ºC durante uns 45/60 minutos.
  8. Nos últimos 5 minutos pór o grellador para que doure.
  9. Adornar con crema chantilly ou nata montada.

Notas

Se che sobra masa de pasta crebada, cortaa para en redondo cunha copa peqena e espolvorexa por riba un pouco de canela e azure e meteas ó forno a 200ºC e terás unhas gorentosas e caseiras pastas de té.

Podes tamén amasalas de novo con raspadura de limón, ou laranxa, adornalas cun chisco marmelada, untalas en chocolate ou o que che veña a cabeza neses intres.

Comensales: 10