Receita: Torta de Arroz

Ingredentes

  • 1 vaso de fariña
  • 1 vaso de azucre
  • 3 vasos de leite
  • 100 gr. de manteiga
  • 4 ovos

Descrición

  1. Mesturar, con batedoira, a fariña, o azucre, o leite, a manteiga derretida e as 4 xemas.
  2. Pór as claras a piques de neve e engadírllelas á mestura anterior mesturándoas a man de vagarciño.
  3. Pasalas a un molde redondo de forno untado de manteiga e espolvorexado de fariña.
  4. Meter ao forno a 170ºC durante 1 hora.
  5. Deixar arrefriar antes de desmoldear.

Notas

Se vedes que vos queda moi aceitosa rebaixade un pouco a cantidade de manteiga (75 ou 50 gr.)

Tamén se pode forrar o molde con pasta brisa (ver receita)

Comensales: 8