Receita: Roscón de Vilalba

Ingredentes

  • 1 kg. de améndoa moída
  • 800 g. de azucre,
  • 4 ovos
  • A reladura dun limón
  • 1 copiña de anís

Descrición

  1. Mestúrase a améndoa moída co azucar ata que quede unha masa uniforme.
  2. De seguido, mestúrase cos ovos, un a un.
  3. Despois engádaselle a reladura e o anís.
  4. Pra rematar métese no forno uns 45 a 50 minutos a 180º C.

Notas

O “Roscón de Vilalba” é unha sobremesa típica. Consiste nunha masa de améndoa, ovo e azucre principalmente. É un doce seco e facilmente conservable. Adóitase comer durante as festas patronais de S. Ramón e Sta. María a finais de agosto e principios de setembro.

Comensales: 12