Archive for Outubro 30th, 2009

Ingredientes

  • 3 ovos
  • media copa de anís
  • 12 culleradas de fariña (a culler a utilizar será das sopeiras)
  • medio vaso de auga
  • leite
  • manteiga de vaca (pingo)
  • mel

Preparación e Presentación

Mestúrase batendo os ovos co anís, e engádeselle fariña pouco a pouco ata que se vaia formando unha pasta que, coa axuda dunha culler de madeira ou unha espátula, se vai amoando. Primeiro coa agua e logo co leite que admita, ata ter unha consistencia sinxela (na que non se quede pegada a culler). Unha vez coa tixola quente, nun punto próbase a estender a masa movendo da tixola con fin de favorecer que quede unha capa fina (para lograr este efecto, a masa pódese bater cunha batedora, pero deberá de deixarse repousar antes de utilizala uns minutos, xa que normalmente que cun pouco de escuma).

Cun trapo de algodón ou liño atado ao garfo na forma dun guisopo úntase a tixola con manteiga derretida e aplícase na tixola en quente antes de botar a masa da filloa; cando comece a quedarse callada, agárrase por un extremo e dáse a volta cos dedos. Tense que engraxar a tixola para cada filloa. Pode botárselle mel, canela ou azucre. Nalgunhas zonas substitúese o anís por auga de azar ou zume de laranxa.

Fuente: Wikibooks.org

A Odisea de Pere Xil

Presentación

Esta é a historia dun trasno chamado Pere Xil. Como todos os trasnos, era un ser falcatrueiro e burlón, mais na historia deste concretamente hai unha serie de episodios que se fixeron famosos no mundo dos trasnos e dos seres máxicos porque con el aconteceu o que non acontece sequera cos humanos.

(máis…)

Escoita a lúa.
Tristeza de ser busca infinita
buscándote.

(máis…)