Archive for Outubro 20th, 2009

Receita: Peras recheas

Ingredientes

  • 4 peras de auga
  • 4 galletas tipo maría dourada
  • 2 xemas de ovo
  • 1 limón (o zume)
  • 4 noces
  • 4 abelás
  • 4 améndoas
  • 12 piñóns
  • 2 culleres de mel

Doce de Marmelo

Ingredientes:

  • 1 Kg de marmelos (limpos sen carozo)
  • 700 Kg de azucre

Descrición:

  1. Lavámo-los  marmelos con auga dabondo para sacarlles esa especie de pelusiña que traen apegada á eles.
  2. Cortámolos ó longo en 8 metades e sacarlles o carozo.
  3. Pesámolos e botalos na pota onde os imos cocer e engadímoslles o correspondente, en peso, de azucre.
  4. Deixámolos repousar unha 8 horas. (Soltará a auga por mor do azucre)
  5. Pómolo a cocer a fogo suave, remexendo de cando en vez.As primeiras remexidas poden estar un tanto espalladas pero xa cara ó último hai que remexer de seguido para que non salte, non se apegue ou queime o azucre. Imos tardar entre 45 minutos e 1 hora horas en cocelo.
  6. Sen deixalo arrefriar triturámolo coa trituradora e envasámolo en envases de plástico con tapa “taperware”
  7. Se o queredes máis suave, sen tanto granciño, pásao por un  “chino” con burato pequeno coa axuda da trituradora, despois de trituralo primeiro na pota
  8. Se o imos a gardar nun sitio fresco cubrímo-la superficie do marmelo cun filme transparente sacando todo o aire entre o filme e o marmelo antes de pórlle a tapa; se polo contrario imos conxelar non cómpre pórlle o filme.

Tempo: 2 horas

Tipo de receita: sobremesa

Tradición culinaria: Galega

Receita enviada por: Crisanto