Archive for Outubro 19th, 2009

A raiz do toxo verde

é moi mala de arrincar,

os amoriños primeros

son moi malos de olvidar.

Quen fala de mín, quen fala,

quen fala de mín quen é.

Será algún zapato vello

que non me sirve no pé.

Unha vella díxolle á outra

por un burato da porta,

ti goberna a túa vida

ca miña nada che importa.

Eu quixera o teu querer
pouquiño a pouco, morena,
cando chove miudiño
queda máis auga na terra

Miña nai como é tan pobre

cando non ten que me dar,

éncheme a cara de bicos

e despois ponse a chorar.

O loureiro raís de ouro

bota folliñas de prata…

Coller amores non custa

olvidalos si que mata.