Se desangro o delirio no viño da palabra
vés da idade distante, toda a morte vadeas.
Apartando sudarios e fitas e coroas
acodes ao meu porto e eu teño sobre a mesa
a vida que nos deches: Follas Novas, Cantares,
o teu sangue ancorado nesta beira da ausencia. (máis…)