Archive for Setembro 24th, 2009

1
O señor Fulxencio era un solteirón que vivía nun pobo pequeno, nun tempo no que aínda non chegara a televisión. O home coidaba un corral e adicábase as labores do campo cando o tempo o permitía. Pero con isto do tempo tiña unha teima moi especial, pois mentres calquera labrego coidaba as súas leiras anque fixera mal tempo, Fulxencio xamais se arriscaba a sair se o ceo adiviñaba choiva. (máis…)

O que nunca estivo lonxe
non sabe que é padecer;
de lonxe as penas aumentan
pra quen sabe querer.

Aunque estou aquí cantando,
triste está meu corazón
que o teño mais amarelo
que unha casca de limón.

Fonte: arquivo de FILLOS-L, enviado por Jose Mario Vidal

Soidades danme dos campos,
das viñas e as vendimiadas,
dos paxariños cantando,
das tardes y as madrugadas.

Fonte: archivo Fillos-L, enviado por José Mario Vidal