Archive for Setembro 22nd, 2009

Esta noite hei de ir alá;

meniña non teñas medo;

coa punta da navalla

hei de abrir o tarabelo.

Fixeche unha saia nova
pensando que te casabas,
inda has de facer outra
e has de quedar como estabas.