Archive for Setembro 15th, 2009

I

Algures escribín, ou soñei que escribín, que publicar nunha lingua minoritaría é tarefa de heroes ou de ilusos. Non sei se aínda penso o mesmo. Se cadra o que agora penso (habería que llo preguntar ó meu eu máis entusista que adoita expresarse con máis liberdade) está nun camiño intermedio entre os dous adxectivos. Vou tratar de os levar polo camiño das miñas cavilacións, non sempre rectos (1). (máis…)

Este pandeiro que toco
é de pelico de ovella;
onte comía no monte
hoxe toca que rabea.