Fragmento: “Estampa Primeira na que se conta o encontro entre Brais e o vello Anselmo”

Din que xa ía a tarde avanzada cando Brais saíu para apañar, como sempre por encarga da súa tía —un deses seres con fuciño de ourizo que están continuamente a move-los beizos e faceren que rezan— un fatiño de paus secos e guizos para levalos e acende-lo lume. Din tamén deste Brais que che era un rapaz desperto e con moito siso, sempre cavilando cun ollar de paxaro distante coma o vello que acouga no serán matinando na súa mocidade. (máis…)