Lun 13 Xul 2009
Os animais no folclore: o raposo
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
1 Comment
O raposo é animal utilizado en comparacións pola astucia que sabe usar para sorprender ás pitas e para facerse ó morto cando o sorprenden no galiñeiro; ata a forma de correr é curiosa porque nunca siguen unha carreira en liña recta, de aí o dito: sabe as voltas do raposo.
O zorro é amigo das uvas e por selo levou en certa ocasión un gran picotazo nos ollos. Era unha noite de tormenta e cada vez que os raios alumeaban a viña a raposa dicía: Fai, fai, que me das gusto. Pero, deslumbrada pola luz dun raio ou despistada por outra cousa, meteu os ollos nuns espiños dos que gardaban as viñas polos camiños e, entón, vólvese ó agro e di, en moi correcto castelán: No las quiero que no están maduras.
O raposo debe madrugar, polo que di o refrán: O abade e o zorro en perdendo a mañá perden o día todo.
O raposo di á mañá, tan pronto como desperta: Ábrete miña boca, atarrícate meu rabo, Dios me aparte portas abertas, xentes de pouco cuidado.
Tamén se fai constar a crenza do estorbo do rabo nunha relación de percances que lle pasan ó raposo. Nun destes percances vese perseguido moi de cerca por varios cans que algunha vez alcanzan o rabo do raposo e case o vencen. Ó final da loita, o zorro descansa e empeza a lamer as patas, dicindo ó mesmo tempo: Miñas perniñas, miñas pernás, se vos non forás comíanme os cans. E, entón, pregunta o rabo: E eu, Barrabás? Ti, mal raio te parta, en vez de tirar para diante tirabas para atrás.
Bo é ter presente que sabe máis o raposo por vello que por raposo.
Cando se mata algún, os nenos do lugar percorren a parroquia pedindo polas portas dos veciños, quen lle dan ovos e diñeiro.
O crecemento do raposo indícao o refrán: en san Xoán, xa lle dá unha carreiriña a un can.
Nota do Editor: Fonte: La Galicia insólita. Tradiciones gallegas de Antonio Fraguas y Fraguas.
“Contan que cando foi o diluvio universal o raposo e a raposa eran os únicos animais que non remataban de fiarse niso de subir a Arca de Noé, inda que Noé parece ser que os invitaba con moita paciencia decindo ¡subir que levamos pitas dentro!, o raposo decíalle ¡ ¡cheirame a can! e non subía. Cando a arca comenzou a navegar quedaron o raposo e a raposa nunha rocha cos rabos levantados sin que ninguén explicara ata hoxe en día como fixeron para sobrevivir.”