Xov 30 Out 2008
Receita: Grelos con chourizos e cachelos
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Receita: Grelos con chourizos e cachelos
Receita: Grelos con chourizos e cachelos
Ingredientes
- 1ou 2 mañuzos de grelos
- 4 chourizos do pequenos
- 1 chourizo gordo
- 1 Kg de patacas
- 2 dentes de allo
- Aceite
- Sal
Instrucións
- Poño auga a quentar e cando ferve engádolle os grelos e espero a que volvan a ferver para engadir o sal e os chourizos. Con 15 ou 20 minutos xa é dabondo.
- Logo de escoalos (premelos un pouco para que solten ben a auga), póñense nunha batea. pícanse un ou dous dentes de allo en láminas e acéitanse ben con oliva. Di a miña mai que o gaiteiro (o aceite) ten que tocar ben.
- Cozo unhas patacas en cachelos que acompaño cos chourizo e cos grelos.
- A min sábenme a gloria ata o amargor dos grelos
Number of servings (yield): 4
Culinary tradition: Galega
Receita enviada por on.
Microformatting by hRecipe.
Notas
(*) Estes chourizos fanse na bisbarra de Verín (Ourense) a súa zorza faise con carne dos chourizos normais e levan a maiores un pouco de cabazo raspado, os bofes e o corazón picados e caldo de cocelos ósos.Métense na tripa gorda e afúmanse algo máis que os chourizos normais. Teñen un sabor especial; a min gústanme moito.
Como sabedes os grelos amargan un pouco; se non vos gustan tan fortes cambiádelles a auga despois do primeiro fervor.
Eu teño grelos todo o ano. para iso mércoos no xaneiro ou febreiro. Hai a vendelos en mañuzos nas feiras ou nas tendas a un prezo razoable.
Logo de escollelos e lavalos, escáldoos en auga fervente ata que bota a ferver de novo; despois de escorregalos métoos en bolsas de conxelar e cando xa esfriaron van ó conxelador.
No Responses to “ Receita: Grelos con chourizos e cachelos ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.