O galo é un pouco guardián e reloxio da casa. Anuncia o paso das bruxas polos arredores do galiñeiro cun fino silbido que pon alerta ás pitas e ós donos para tomar medidas de seguridade contra elas.

É a referencia de fianzas nos comercios onde se pon un galo de papel e debaixo a indicación: “Non se fía ata que cante o galo”.

Cantan á media noite os que nacen en xaneiro: os pito cairos, ós que fai alusión a copla:

Chamáchesme pito cairo
porque nacín en xaneiro;
se me o raposo non come
inda hei de ir ó teu poleiro.

O nome dáse nalgúns casos ós polos que teñen as plumas das ás voltas hacia arriba.

O galo non é bo que cante cando vai para o galiñeiro: “cando o galo canta a deshora, a seu dono venta na cova”. Pode ser o canto do atardecer preludio de choivas, cambios de tempo, etc.

Nas vésperas da festa e coa chegada dos caciques as vésperas das eleccións os galos ó cantar establecen un curioso diálogo:
Os galos maiores ó pasar a xente –Homes da capa na aldeaaaa.
Os polos –Tristes de nooosss.
Polos pequenos –Xa cagás co medoooo.

Galos e galiñas eran producto que se contaba nas escrituras de foro. Un destes foros, comentado por Sánchez Rivera, foro de Noceda, en Lalín, ademais de pagar nove ferrados de centeo, tiñan que abonar un galo que non diga Ki-ki-ri-ki nin Ka-ka-ra-ka. Sánchez Rivera comenta con gracia:

No es verdad que es muy curioso
este foro de un gallo silencioso.
El gallo que indica el foro es un capón
un gallo que canta co-co-ro-co.

O galo é olvidadizo e por eso ós que non recordan unha cousa díselles: seica tes memoria de galo. Tamén temos que recordar unha copla que alude ás cercanías do amencer, o momento do canto dos galos:

Cantan os galos ó día
érguete meu ben e vaite;
como me hei de ir, queridiña,
como me hei de ir e deixarte?

Parece que esta copla alude á costume de que o noivo pasase a noite na habitación da noiva e aínda na mesma casa, sen que en ningún caso se quebrantaran os mandamentos da lei de Dios.

Nota do Editor: Fonte: “La Galicia insólita. Tradiciones gallegas” de Antonio Fraguas y Fraguas.