A 14 quilómetros de Lugo atópase o conxunto monumental de Santa Eulalia de Bóveda, nunha aldea que conserva a súa arquitectura popular, situado nunha comarca de abundantes vestixios arqueolóxicos. Ó seu arredor concéntrase túmulos neolíticos, mámoas ou medorras, e castros da Idade de Ferro. Próxima a el pasaba a romana vía XIX, que partía da capital da Gallaecia setentrional, Lugo ata chegar a Braga, a capital da Gallaecia meridional.
(máis…)