Grazas ao interesantísimo libro Toponimia Celta de Galicia do lingüista Joaquín Caridad Arias veño de atopar por fin a orixe da nome da parroquia onde naceu a miña nai (Andabao, Boimorto).

Seguindo a metodoloxía que lle vou aprendendo ao Sr. Caridad Arias e por medio da comparación conoutros topónimos semellantes, coido que a orixe de ‘Andabao’ é Ando-Balo, que significa o grande (deus) Balo. Balo é un deus moi prolífico en canto a toponimo en toda a Europa céltica, e and(o)- é un prefixo moi usado na onomástica celta xunto a nomes de deuses, con sentido de grande. Balo é outro nome do deus pancéltico Bel, do que xa temos falado neste web, que despois os romanos asimilaron a Apolo (deus da luz).

Despois o troco (moi común) de o por a e a desaparición do l entre vogais (tamén mo frecuente na evolución lingüística galaica deron en trasformalo no actual Andabao.