Ven 27 Xuñ 2008
O novo deseño territorial de Galiza
Posted by casdeiro under Coñecer Galicia
Comentarios desactivados en O novo deseño territorial de Galiza
Hoxe a Xunta de Galicia aprobou unha nova ordenación territorial para o país. Velaquí tedes as liñas que van marcar este deseño que xira entorno a:
- 2 espazos metropolitanos.
- 3 cidades.
- 18 vilas cabeceira de comarca.
- 25 nodos de equilibramento.
- 11 subcabeceiras.
Sistema de asentamentos: cara un sistema urbano policéntrico
O sistema territorial galego que se propón ten en conta os asentamentos existentes en función da súa xerarquía e da súa situación sobre o territorio. O modelo de sistema urbano policéntrico baséase en varios niveis:
- Sistema de Cidades: Pola súa dinámica e tamaño, o nivel superior está formado polas sete grandes urbes, ás que lles corresponde garantir unha adecuada cobertura dos servizos urbanos en todo o territorio, impulsar os procesos de cambio nos seus ámbitos de influencia e servir de enlace de Galicia coas dinámicas globais. Tendo en conta as súas características e fortalezas divídense en:
- Espazos Metropolitanos. Son ámbitos de planificación territorial e urbana, de infraestruturas, equipamentos e de servizos aos cidadáns. As Directrices contemplan estes espazos dende unha perspectiva global, co obxectivo de potenciar e racionalizar o desenvolvemento urbano e económico do conxunto do espazo.
- Vigo-Pontevedra: Fundamental nas estratexias de integración de Galicia co sistema de cidades de Portugal e central na Eurorrexión.
- A Coruña-Ferrol: Clave para atraer as dinámicas dos sistemas urbanos da Cornixa Cantábrica.
- Áreas Urbanas:
- Santiago: Capital política e administrativa, ocupa unha situación central con respecto aos espazos metropolitanos e aos nodos urbanos de Lugo e Ourense.
- Lugo: Pola súa posición central no espazo provincial, xoga un papel fundamental para mellorar a oferta urbana de zonas moi débiles do interior de Galicia.
- Ourense: É un enclave estratéxico para actuar como un importante centro terciario que permita o desenvolvemento do seu ámbito de influencia.
- Espazos Metropolitanos. Son ámbitos de planificación territorial e urbana, de infraestruturas, equipamentos e de servizos aos cidadáns. As Directrices contemplan estes espazos dende unha perspectiva global, co obxectivo de potenciar e racionalizar o desenvolvemento urbano e económico do conxunto do espazo.
- Sistema Urbano Intermedio: Tras as grandes cidades, este sistema permite que todo o territorio dispoña dunha adecuada cobertura de servizos urbanos de certo nivel tanto para a calidade de vida como para as actividades produtivas. O sistema urbano que propoñen as DOT, como unha rede que supón unha vantaxe competitiva de Galicia, confórmase en torno a un nodo principal que actúa de cabeceira:
- As Pontes
- Carballo
- Cee-Corcubión
- Noia
- Ribeira
- Monforte
- Ribadeo
- Sarria
- Vilalba
- Viveiro
- O Barco
- O Carballiño
- Xinzo
- Verín
- A Estrada
- Lalín
- Tui
- Vilagarcía.
- Nodos para o Equilibrio Territorial: Pechan a xerarquía de asentamentos con influencia supramunicipal. Están formados polo sistema de pequenas vilas e cabeceiras comarcais de cuxos servizos públicos e privados, atractivo urbano e conexións dependerán as posibilidades dos espazos rurais para fixar poboación, mellorar a súa competitividade e atraer ou crear novas iniciativas produtivas. Estes nodos son
- Arzúa
- Melide
- Negreira
- Ordes
- Ortigueira
- Padrón
- Santa Comba
- Vimianzo
- A Fonsagrada
- Becerreá
- Guitiriz
- Mondoñedo
- Monterroso
- Quiroga
- Allariz
- Bande
- Castro Caldelas
- Celanova
- Maceda
- Pobra de Trives
- Ribadavia
- Viana do Bolo
- A Cañiza
- Caldas de Reis
.
Estes nodos proporcionan un referente territorial na organización dos crecementos e na prestación de servizos na súa área de influencia.Neste mesmo nivel do sistema de asentamentos atópanse as subcabeceiras do sistema urbano intermedio, que actúan de complemento das cabeceiras:
- Boiro
- Muros
- Rianxo
- Burela
- Chantada
- Foz
- A Rúa
- A Guarda
- Cambados
- O Grove
- Silleda.
- Restantes núcleos: Finalmente, o sistema de asentamentos péchase co resto dos principais núcleos municipais e parroquias que desempeñan unha maior centralidade nos seus ámbitos e nos que se deben focalizar as actuacións de dotacións ou desenvolvemento local.
No Responses to “ O novo deseño territorial de Galiza ”
Sorry, comments for this entry are closed at this time.