Archive for Marzo, 2008

O teatro escrito en galego non se comenzou ata a segunda metade do século XIX. Principiouse cuns afortunados ensaios dramáticos, entre eles A fonte do xuramento, de Francisco María de la Iglesia, que acadou éxito ó se estrear en 1882 na desaparecida sociedade coruñesa Liceo Brigantino; foi seguida por outras obras como A Torre de Peito Burdelo e Filla, de Galo Salinas; A emigración, de Armada Teijeiro e Xuana, de Manuel Amor Meilán.
(máis…)

Non sei se este é o lugar apropiado para facer isto, posto que eu non propoño unha modificación senón unha exclusión, xa que considero que a citada María Patiño non fixo ningún mérito para formar parte deste listado, no que se botan en falta a persoeiros fundamentais na historia da Galiza coma Moncho Valcarce, o cura das Encrobas, por citar unha das ausencias máis destacables. Dito pois que a anteriormente citada María Patiño, o único mérito que se lle atribúe é o de aparecer nun programa de televisión, pois non se trata dunha persoa relevante no seu gremio, o que entendo como periodismo, non coma prensa rosa do que por outra parte non quixera entrar a facer ningún tipo de valoración; nin se a identifica coa nosa cultura. Grazas por lerme, un saúdo.

O Invernadeiro, é un Parque Natural de 5722 ha. desde xuño de 1997. É un espazo natural de carácter montañoso situado ó sur do macizo central na provincia de Ourense, entre os ríos Ribeira Grande e Ribeira Pequena, e formado polas Serras de San Mamede, Queixa, Manzaneda e o Fial das Corzas, que constitúen o Macizo Central Ourensán, con altitudes entorno ós 1.000-1.600 m, situadas no termo municipal de Vilariño de Conso.

(máis…)

Alfredo Pedro Guisado, portugués fillo de galegos, publicou en 1921 un pequeno volume de versos en galego titulado “Xente d’a Aldea” e adicado a Castelao co que tiña unha grande amizade, de feito a portada deste libro é un fermoso deseño del: unha rapariga aldeá con un pano de cores á cabeza.
(máis…)

Emocionante poema de Manuel María adicado a Manuel Curros Enríquez, na súa propia voz (1969), emitido hoxe na Radio Galega, no programa Aberto por Reformas, que dirixe Xurxo Souto. Penso que escoitalo é a mellor homenaxe que lle podemos facer ao gran poeta nacional, do cuxo pasamento na Habana se fan o vindeiro venres 7 de Marzo, o centenario.
(máis…)

Significa cliente habitual dunha tenda ou afeccionado a un equipo. Moita xente usa a palabra siareiro, moi semellante a seareiro, pero incorrecta.

Os normandos desembarcaron na Coruña o ano 843 e nas nosas beiramares foron vencidos por Ramiro I, que lles saíu ó encontro e lles queimou varias naves das 70 que traían.
(máis…)