A lingua galega, amosa un amplo abanico de matices, para expresa-los fenómenos atmosféricos. As expresións do tempo atmósferico, na lingua galega, adoita facerse cos verbos haber e ir, e non co verbo facer, como acostuma o castelán:

Vai ou ir mal tempo / vai ou ir bo tempo…


vai un calmizo que se afogan os paxaros [ vai moita calor]

ía unha fogaxe que caían os paxariños [ ir moito calor]

ía un sol queimón

Vai unha friaxe que nin os cans paran [ ir moito frío]

Vai un vento que cimbrea [ ir un aire moi forte que abanea]

Vai refolada [ ir vento moi forte ]

Vai vento mareiro, ou vai marusía [ ir vento do mar]

Definimos tempo atmosferico, á combinación transitoria de varios elementos meteorolóxicos, que o describen en sentido físico, tales coma temperatura, precipitación, humidade, presión, vento, radiacións solares etc… nun preciso lugar da superficie terrestre, derivados da presenza dunha particular ou diversas masas de aire de diferente orixe que se topan en contraste entre elas, nun preciso instante

VENTO

Borrasca f. Tempestade forte, especialmente no mar

Brisa, aura, airexa f. Vento suave

Cifra f. Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido

Ciclóns m. Tempestade caracterizada por un vento moi violento que forma remuíños, nunha zona de baixas presións

Corisco m. 1. Neve miúda ou sarabia, que cae acompañada de vento forte e frío

Escarabana f. Vento frío do norte que sopra nos meses de inverno

Furacán m. Tempestade forte que se caracteriza por un vento moi violento

Tormenta f. 1. Perturbación violenta da atmosfera, con vento, chuvia, tronos e lóstregos, que provoca grandes ondas no mar

Tempestade f. 1. Perturbación violenta da atmosfera, con fortes ventos e chuvias, ás veces acompañados doutros fenómenos, que provoca ondas de moita altura no mar.

Temporal m. Perturbación violenta da atmosfera, con fortes ventos e chuvias, ás veces acompañados doutros fenómenos, que provoca ondas de moita altura no mar.

Refacho, refoleo m. Cambio brusco da dirección do vento.

Vendaval m. 1. Vento do sur. Sempre que hai vendaval cambia o tempo. 2. Vento moi forte. O vendaval levantou moitas tellas.

Xistra f. Chuvia ou neve acompañada de vento forte e xélido

AUGA

Arco da vella, contrasol ou arco iris m. Fenómeno luminoso en forma de arco, que ofrece as sete cores do espectro e se produce ó desviárense os raios do sol cando atravesan as gotas de chuvia.

Arroio m. Pequena corrente de auga que se forma en épocas de chuvias e que non é permanente

Arroiada f. Chuvia forte e abundante que forma regos.

Balloada f.Ou ballón m. Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración, que se repite ó longo de varios días.

Babuña, babuxa m. Chuvia fina e mesta

Barruzo, zarzallo, froallo m. Chuvia moi fina

Choiva, chuvia m. Auga que cae das nubes en forma de pingas.

Chuvasco, chuvascada, bátega, bategada, chuvieira f. Chuvia forte que dura pouco tempo

Chuvisca, babuña, babuxa, poalla. f. Caer chuvia moi miúda.

Enxurrada f. Corrente forte de auga orixinada por chuvias intensas

Faisca f. Caer neve ou chuvia miúda.

Humidade m. Auga ou vapor que hai no ambiente

Orballo m. 1.Chuvia fina e compacta. 2. Humidade do aire que, co frío da noite se condensa e se deposita en pingas pequenas.

Resío, recío m. Ou rosada m. Humidade do aire que, co frío da noite se condensa e se deposita en pingas pequenas.

Dioivo, diluvio m. Chuvia moi abundante e corrente que orixina.

Treboada, tromba f.Oou trebón s.m . Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ser de curta duración.

Torboada f. Ou torbón m. Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ser de curta duración.

Seca, secura, sequidade m. Falta prolongada de chuvia. Sequidade no ambiente

LUZ

Centella,chispa f. Ou raio, lóstrego, relustro, alustro, relámpago m. Descarga eléctrica que se pode producir cando hai tormenta e que se realiza a través do aire, entre dúas nubes ou entre dúas nubes e a terra.

Tronada f. Tempo de tormenta, que se caracteriza por unha calor pesada e remata nunha treboada con tronos e alustros.

Trono m. Ruído forte que acompaña ó alustro ó producirse unha descarga eléctrica na atmosfera. Primeiro vese o alustro e despois séntese o trono.

NEVE/XEO

Alude m. Ou avalancha f. Gran masa de neve que se desprende dunha montaña.

Carambelo, cadorno, lazo m. Capa de xeo que se forma sobre unha superficie líquida cando vai moito frío.

Carazos.m. Ou xeada m. Capa de xeo que se forma sobre o terreo e a vexetación nas madrugadas frías de inverno.

Farrapo, fargallo, cerello m. Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva. Os cerellos en seguida cubriron o camiño

Folerpa, falopa, felepa, folepa, faisca m. Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva. As folerpas caían a modiño

Pedrazo, salpedrés m. Ou pedra, sarabia , salabreada f. Chuvia conxelada que cae en forma de grans máis ou menos grandes. [ Castelán : Granizo]

NÉBOA

Bruma. f. Néboa pouco espesa, especialmente a que se forma no mar.

Brétema, nebra, néboa f. Condensación de vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes.

Calixe f. Néboa densa.

Meras. f. Néboa espesa e miúda e chuvisca que se desprende dela, moi daniña para as plantas e os froitos por favorece-la aparición de fungos.

Neboeiro, nebrón, fuscallo. m. Néboas espesas e chuviosas.

Parrumada m. Néboa pouco densa e esfiañada

Algúns Adxetivos:

Bretemoso,caluroso, chuvioso, chuviñoso, frÍento,húmido, lento (Que contén ou conserva un certo grao de humidade),mollado, morno,neboento, nevarento,nubrado,nubuloso, quente, seco, sofocante,tórrido, turbio, xeado, xélido, …